¡Nunca digas que
me quixeches! Ti que pensabas en danarme se che deixaba, que falabas de queimarme
viva se modificaba os teus plans, que me descalificabas tódolos días, que
controlabas o meu tempo e as persoas que estaban ao meu carón, que pretendías
facerme ver que era a única responsábel do malo que sucedía ao noso redor. Poñendo
marcas nos meus fillos, volviches a perder e so conseguiches facerme non moito
menos valente e que eles estean sinalados para o resto dos seus días. ¡Que
mágoa! Pero dixen ben: os meus fillos. Non foron os celos porque quen ameaza e
intenta controlar non ten a capacidade de amar. O amor pasa, quédase ou
mellora. Ti empeoraches: fixéchelo pedíndome falsas desculpas, facéndome
regalos baleiros, dixeches que sentías morriña cando non estaba ao teu carón e
fixeches o amor co meu Corpo pero con alguén que xa non era eu. Nas túas
mentiras estaba contido o ácido co que queimaches a miña alma e que fixo que
non tivese valor para cambia-la derrota da miña vida q que hoxe desato a chorar
na inútil búsqueda dun momento sen terror e que odiei ter medo a razoar.
Aprendín e sufrín. Aprendín que os celos son mentira e eu verdade, que podo
olvidarte facilmente, que o teu tempo xa pasou, que grazas á túa voz naceu o
meu silencio e que sen ti estou e son mellor. Souben, moi tarde, que naquel
cruce de camiños o verdadeiro sendeiro do amor foi o que deixei atrás. Estiven
no interior da túa mente e horroriceime. Sentín noxo de que alguén puidera
sequera pensar que ti e eu compartimos algunha cousa máis que o tempo das nosas
vidas, inseparábeis según a túa propia e arcaica lei. Ti non es un home, nin
unha persoa, so es un ser vivo con aparencia de humano. Ti ére-lo único animal
que desprezo, o único dunha especie que nunca debería haber sobrevivido pois malgastei
as túas forzas e o teu tempo golpeando o meu Corpo mentres encaixaba, sumando
cicatrices, tódolos teus impactos para, ao final, poder esquivar e librarme de
todos os puñetazos que tiraches pensando en alcanza-la miña alma. E aínda que
sufrín o desencanto, tardei demasiado en darme conta de que no meu sombrío
destino estaba escrito que até morrer serei sempre infeliz. Ameite, e se ti o
houbeses feito non te atreverías a dicirme que me queres mentres derramas estas
bágoas de falso arrepentimento. Namoreime de ti pero xa non necesito averiguar
de que maneira esquecerte: a mortalla que agora me envolve comezaches a texe-la
o día no que te coñecín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario