viernes, 7 de octubre de 2016

Seguí tus pasos y ellos me alejaron de ti (Obra seleccionada para incluir en la antología del concurso "Seguí tus pasos...")

Ahí estaba yo, en la penumbra de ese callejón. Caminando lentamente. Iba detrás de ti pero cerca. Muy cerca. Seguía tus pasos, uno tras otro. No sé a dónde querías llevarme. Ni siquiera sé si sabías a donde llevarme. Pero ahí estaba yo, detrás de ti, desde que nos metimos en ese callejón vacío. La luz entraba de la calle perpendicular por la que habíamos entrado. Y me bañaba toda la espalda.
Estuviste toda la noche indecisa desde que salimos del local de turno. Pero desde que giramos a la derecha y entramos en este callejón, tomaste las riendas y caminabas con firmeza. Y ahí estaba yo, persiguiendo a una desconocida.

Seguí tus pasos y ellos me alejaron de ti. La luz se iba desvaneciendo y te perdí, quedando yo sólo en ese callejón oscuro.

Comeza a rutina

Un cheiro a alcohol recorría a súa boca. Unha vez máis, alcohol. Sabía o que lle esperaba, e coma sempre, non se fixo esperar.
O seu home arrebatouse contra e la e comezou a asoballala.
Unha vez máis.
Coma cando os nenos lles piden ás súas nais unha volta máis no parque de atraccións a piques de liscar e as súas nais lles berran que non, que por ese día xa foi dabondo.
Unha vez máis, coa diferencia de que nunca é dabondo.
Comezaron os gritos, “inútil”.
O choros, “mixiricas”.
Os ruxe- ruxe, “covarde de merda, por que non escapas? Por que segues aquí?”
“Acaso disfrutas coa dor?”
Comezan os arrepentimentos, “Perdoa amor”.
Comezan os bicos, as apertas.
O desexo. Del.
O dela fai anos que se apagou. Ese lume alaranxado do seu interior apagouse cando comezou a rutina.
Alcohol, humillacións, arrepentimento.
Alcohol, humillacións, arrepentimento.
Dende que empezou a recibir as primeiras labazadas... despois de meses escoitando insultos.
O desexo dela foise dende o momento en que se mirou ao espello e non se recoñeceu. Demacrado, estaba o seu corpo e rostro. Vello, pálido.
O desexo dela buliu por medo. Buliu cando desapareceu aquela muller forte.
Logo, satisfeito o desexo del, vai botar un pito e... a tomar outra copa cos amigos na taberna.
Logo, de estar coa mirada perdida no teito mentres o seu home disfrutaba do seu corpo doente, comeza a rutina.
Colle o teléfono. Marca o número de memoria e, unha vez máis... o son da covardía.

Unha vez máis, o son da incomunicación resoaba na lexanía.