miércoles, 10 de septiembre de 2014

Isto non é amor?

Hoxe escríboche isto, por mor de que se vaia o tempo. Hoxe ábrome a ti, ábroche o meu corazón. Non é nada estraño, quérote, sempre te quixen. Sempre te quixen a pesares de perderte de vista, seguinte querendo. Añoreite dende hai moitos anos, desexei as túas mans tocando as miñas, os teus ollos recorrendo os meus, desexei incluso os bicos que nunca me deches. Recordo todalas verbas que intercambiamos, en tanto tempo que estiven ao teu carón.
Cantos recordos se me abruman na memoria. Recordo... recordo aquelas mans do noivo que tiveches pouco despois de coñecerte, aquel home que non te quería, porque tiña un corazón frío, ao contrario que o teu quente. Recordo o meu desexo de mandalo á merda, pero eu queríate, non podía facerte dano, non me entenderías. Recordo que me dicías que eran amores distintos, amizade e amor; e eu nunca te entendín, porque a nosa amizade non era paixoal pero as ganas que tiña sempre de verte, o desexo que tiña por facerte rir, por bicarte, por abrazarte, por amarte, o desexo que ti producías e min cando me dicías “quérote”... iso... iso non é amor? Quizais ti nunca me entendiches, non soubeches ver o amor que che estaba entregando con cada consello, con cada mirada, ou quizais eu fun o suficientemente cobarde... e non facerche velo, porque ti, raíña, déixame chamarche así, ti non tivéchela culpa.
Eran tempos distintos, ¡vaia si o eran! Hoxe en día non é estraño que che estea a escribir esta carta. Hoxe en día a mentalidade cambiou, por iso me animo. Hoxe estou a escribirche este anaco do meu corazón, con bágoas nos ollos, porque nunca poderei perdoarme polo que deixei de facer. Bágoas que sempre me delataron. Non sabes cantas tentativas tiven daquela de dicircho, máis non tiven a valentía necesaria. Sempre tiven gardada esta culpa... porque non sabes o que tanto sufrín, cantas veces me odiei por amarte, cantas veces te odiei... pero sempre volvin ao mesmo punto, sempre había retorno, nunca un xiro de 180 grados, ata que nos separamos, e dende aquel día souben que non te podía odiar, senón amar con máis paixón. Dende aqueles tempos nunca outra muller me fixo estremecer pola súa pel, nunca outra muller se me apareceu en sonos, e moito menos un home. Porque ti, raíña, sempre foches a dona dos meus soños.
Sei moi ben o que estás pensando, ao ler esta carta. Sei moi ben que non estás a entender nada. Agora mesmo, a estas alturas das nosas vidas xa non me importa que entendas nada, só quero que me escoites, e que sepas o que sempre se me pasou pola miña cabeciña cando me falabas. Porque necesitaba dicircho, porque estiven cuarenta e tres anos afastada de ti. Afastácheste. Cuarenta tres anos, que pronto se di, máis todo segue intacto. Na miña alma, raíña, non estiveches afastada, senón que estiveches presente día a día.
Necesitaba dicircho, porque nunca me perdoaría marchar deste mundo sen que o souberas, e sen que souberas que ás veces amizade e amor é o mesmo.
Quérete, Amelia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario