martes, 19 de febrero de 2013

Vaite! Corre!


Por qué me matas con esa mirada? Non te quero... Vaite! Corre! Es libre! Búscate a vida, non te preocupes por nós que imos estar ben. Vaite! Corre!
Sempre lambéndonos o cu, detrás nosa. Es cansino, e xa empezas a estorbar.
Non o entendes? Xa deches o que nos tiñas que dar. Xa es un mozo, que pode facela vida por si mesmo. Rodeado de individuos coma ti. Non me mires así, que non vou sentir piedade de ti. Non quero verte nunca máis, sempre é o mesmo contigo, non das aprendido, xa estou farta de ti! Vaite! Corre! Xa non es o que eras antes, un xoguetiño, xa non nos gustas... Agora o único que fas é gastárnolos cartos! Es libre! Vaite!
Xa non nos divirtes, xa non nos fas compaña, xa es vello... xa... xa... 
Entrou no coche, acelerou. O can comezou a correr e a correr detrás do automóvil. Sigeu correndo, ata desorientarse. Vagabundo. Era a súa fin... a fin que lle deron os que foron os seus únicos mellores amigos despois dun capricho de Nadal.

1 comentario:

  1. Que relato mais fermoso!Ponhenseme os pelos de galinha

    :-(
    :-(

    ResponderEliminar