lunes, 23 de abril de 2012

Quérote


Quérote. Quero que ante todo, teñas iso claro. Non quixen deixarte, non vou a olvidarte e nunca te abandonarei. Quizais nin sequera sepas quen son, quizais esta carta se perda no tempo antes de chegar a ti. Quero que sepas que me houbese gustado moito estar aí a ti.. Compartir contigo o teu primeiro cumpreanos, a túa primeira bicicleta, o teu primeiro amor. Pero as estrelas están sempre aí no ceo, aínda que a noite non sexa clara e ti non as poidas ver, están aí. E eu tamén. Gustaríame que pensases en min coma nunha estrela, como o que sempre fun e sempre serei. Túa. Poida que alguén te houbese falado de min, e poida que me odies, pensado que te deixei porque non te quería. Pensar nisto desgárrame por dentro, e o olor é insoportable. Por iso escribo esta carta, porque non soportaría pensar que non me queres, por algo que nin sequera ocorreu realmente. Probablemente te estarás preguntando por que agora, por que non moito antes, aforrando toneladas de dor para ambos. Simplemente quixen esperar a que puideras entendelo ben. A que puideras comprender que, cando escribín esta carta ti aínda non naceras. Pero faríalo. Non estaba disposta a permitir que te marchases sen chegares todavía. Sen velo mundo, sen sentilo, sen tocalo. Aínda que eu non fora estar aí para acompañarte. Agora que sabes isto, sólo espero que o teu punto de vista cambie, e que non me odies por alimentar a túa dando a miña a cambio.


Rita Vidal Grato

No hay comentarios:

Publicar un comentario