A noite estaba morna. Mais daquela xa se asomaba o que ía
acontecer. Rogos.
Máis beixos, caricias, miradas, sorrisos. Até o momento
coma sempre. Máis beixos e caricias. Até o momento rogos.
Ela sobre el. Tócanse, síntense. Descobren.
El sobre ela. Xogan. Recorre a man polo seu cabelo,
baixando lentamente polo seu pescozo. Bícaa. Transmítelle tranquilidade. Segue
baixando. Toca os seus peitos, bícaos. Acaricia o seu ventre, segue, segue... e
chega. Comeza a acariciar ese punto do seu corpo. Respiración entrecortada.
Xemidos. Desexo.
El sobre ela. Sosegado. Romántico. Desexado. El sobre
ela. Rápido. Paixoal. Desexado. El sobre ela. El, clímax. Ela, ilusión,
desconcerto.
Nunca esquecerá aquela noite, na cal entregou todo o que
tiña. A noite estaba morna mais ela sentía arrepíos. Presentía o que se achegaba,
pois dende aquela, non volveu escoitar as verbas que lle bisbeaba ao oído. Non
volveu a ver eses ollos suplicantes. Ese corpo que pedía sexo. Non volveu a ver
a ese home estraño, ao cal ela chamaba mozo.
Nunca esquecerá aquela noite, na cal entregou todo o que
tiña. Unha noite morna, na que ela tiña frío.
Mentres, ese corpo que segue desprendendo amor, espera a
que volva. Desexando. Gozando.
Gozando soa mentres practica o xogo que el lle
ensinou.