Era
unha mañá de inverno e a néboa aínda se notaba no ambiente da
praia.
Como
tódolos días, Carmiña ía pasear pola beira do mar... era como
tódolos días, algúns velliños por aquí, outros por acó, outros
deportistas... era como tódolos días. Pero pronto se deu conta de
que iso non era así, pois aquela mañá topouse con aqueles ollos
marróns daquel home co que se cruzou... e dende ese encontro
fortuíto, tódalas mañás á mesma hora se miraban fixamente eses
ollos por uns segundos nos que se paraba o tempo. Fermosos,
feiticeiros... as dúas miradas, a do aposto home e a de Carmiña,
transmitían un incandescente amor que non se podía mostrar... Á
mesma hora as miradas encontraban os segundos de tranquilidade que os
apartaba do caos da realidade e que tanto anelaban dende había
tempo... que encontraron un no outro. Ata que un día á mesma hora,
os olliños dos amados no se toparon por ningures...
Vendo
o telexornal local, Carmiña decatouse que nunca máis as miradas se
volverían a cruzar... nunca máis por ese amor clandestino que
gardaban.
Por
non ser quen de mostrar ese lume de paixón, o home estivo manipulado
como un títere... que o levou a morrer de amor.